Formación en rede

Bono autónomo en marcha!

Por segundo ano consecutivo en Galicia ponse en marcha o bono autónomo 2018, publicado o día 04 de xuño no DOG

O colectivo de persoas autónomas viña demandando das Administracións públicas medidas concretas. Non podemos esquecer que en Galicia no inicio do ano había censadas 213.073 persoas, o cal é un activo relevante e representativo na actividade laboral do noso territorio. Sinalar que estas axudas non son de concorrencia competitiva polo que explicaremos a seguir os aspectos máis destacados de esta liña de axudas: bono autónomo 2018.

A quen vai dirixido?
1. Está pensada para persoas autónomas, en situación de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou que estean nunha Mutualidade de Colexio Profesional e con domicilio fiscal en Galicia.
2. Se cumpren co anterior e poden acreditar un período de actividade superior a 42 meses; un rendemento neto reducido inferior a 30.000€ e unha facturación mínima anual de 12.000 € no 2017, poderán optar a esta axuda.
Hai que ter coidado porque existen unha serie de casos nos que non poden optar a esta axuda:
1- os autónomos dependentes
2- os familiares colaboradores non dados de alta
3- os autónomos societarios.

A que axudas podemos optar?
Nas dúas liñas de axudas que se contemplan, pódese optar até a 3.000€ de todas as liñas solicitadas. As liñas de solicitude son:

a) Mellora da Competitividade a través dos servizos:

  • investigación de mercados
  • plan de marketing
  • plan de comunicación negocio
  • plan de crecemento
  • de reorientación do negocio
  • de uso das novas tecnoloxías
  • de refinanciamento.

b) Mellora da Competitividade a través das seguintes inversións:

  • compra de maquinaria
  • compra de útiles e ferramentas
  • reforma de local de negocios
  • equipos informáticos
  • rótulos
  • aplicacións informáticas e páxinas web
  • creación de logotipos de negocio

Compre sinalar que para a compra e renovación de equipos informáticos, soamente se subvencionará a aquelas persoas autónomas ou profesionais que estean de alta nos seguintes CNAEs: 62; 631; 69; 702; 71; 72; 741. Relacionados todos eles pola súa actividade coa liña de axudas II.
Tamén salientar que os investimentos deben ser contratados con provedores que se adiquen á actividade obxecto da subvención.
Un detalle de importancia, común a todas as subvencións, non son gastos subvencionables os impostos indirectos (artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño).

Ambas liñas non son excluíntes e pódense solicitar até o día 05 de xullo de 2018 Para aqueles que non lles convenzan esta liña de axudas teñen outras opcións e liñas de axudas en vigor e que poden ser de interese para as persoas emprendedoras.

E para finalizar xa sabes, se tes algunha dúbida, algún proxecto que vexas que encaixe ou desexas que te asesoremos, consúltanos e achéganos os teus comentarios.

 

0 Respuestas en Bono autónomo en marcha!"

Deja un mensaje

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>