Formación en rede

Formación cooperativa 2015, comezamos!

O próximo martes 24 de febreiro comezarán tres novos cursos que inauguran un ano máis de formación cooperativista. Da man de UGACOTA e COCETA arrancaremos coas novas edicións de cursos online para este 2015.

Neste mesma web, Formación en rede, tedes un apartado de Cursos destacados Ugacota 2015 onde poderedes ver unha pequena sinopse de cada un destes cursos que se desenvolverán desde o próximo 24 de febreiro ao 5 de agosto de 2015.

Para persoas desempregadas, para persoas que traballan na economía social, para cooperativistas; en definitiva, para mellorar  a través da  Aprendizaxe online o universo da Economía Colaborativa e Cooperativa.

Unha ano máis temos o orgullo de colaborar con UGACOTA  e COCETA nesta Formación gratuíta 2015 na modalidade de teleformación. Unha formación que pertence ao: Contrato programa autonómico PF-2014/000025 e á Formación Continua Estatal Expediente F140124AA.
Para inscribirvos, entrade aquí e buscade o curso ou cursos  que vos interesen!!!

 

17 Febreiro, 2015

0 Respuestas en Formación cooperativa 2015, comezamos!"