Formación en rede

Aprender a emprender. Formación para o emprendemento cooperativo

Son múltiples as posibilidades e os retos aos que ten que facer fronte calquera grupo de persoas …

ALUMNOS MATRICULADOS

    Son múltiples as posibilidades e os retos aos que ten que facer fronte calquera grupo de persoas que desexe pór en marcha un proxecto cooperativo. O punto de partida dun proxecto será sempre a idea de negocio e o motor o espírito emprendedor das persoas participantes. Esta predisposición para emprender precisa de coñecementos, habilidades e ferramentas para dar forma ao proxecto.

    O programa deste curso ten como enfoque fundamental contribuír á posta en marcha da cooperativa e ao desenvolvemento da xestión económica, comercial, laboral, etc. e orientar ás persoas involucradas na definición estruturada do que van producir, como o van producir e como o van vender.

    1. Que é unha empresa? Empresa e empresario/a. A empresa cooperativa

    2. Perfil da persoa emprendedora.

    3. Aspectos xurídicos e formais. Trámites para a constitución da cooperativa

    4. O réxime económico, fiscal e laboral das cooperativas

    5. A idea de negocio. Elaboración do plan de empresa cooperativa

    6. Que ofrecemos?

    7. Como o facemos?

    8. Como o vendemos? A mercadotecnia

    9. O plan económico e financeiro

    10. Os órganos sociais da cooperativa. A participación nas cooperativas

    11. A xestión do equipo humano

    12. Emprender e innovar. A innovación na empresa cooperativa

    13. Recursos, ferramentas e axudas para o emprendemento cooperativo

    Opinións do curso

    Non se encontraron opinións para este curso

    Redes sociais



    Contacto

    Enderezo:
    Lugar de Vilacornelle, S/N. 1º
    15541 O Val, Narón

    E-mail:
    cooperativa[@]tagenata[punto]com

    Tlf: 881939142

    Certificado de Calidade da Formación Virtual

    Quality Certification in Virtual Training