Formación en rede

Curso gratuíto de LOPD

Por que un curso gratuíto de LOPD?

Hoxe anunciamos no noso blog a apertura do curso gratuíto Conceptos básicos de LOPD. Un curso curto, útil e sinxelo que pode servir de apoio para todas aquelas persoas que manexades datos en Internet.

Se es unha persoa usuaria de servizos web, se tes unha pequena empresa, se es profesional autónomo, se usas a banca a través de internet… este curso pode interesarche.

Para facer o curso terás que anotarte no período de inscrición que vai do 17 ao 26 de novembro de 2014.  O curso estará aberto desde o día 1 de decembro ata o 23 do mesmo mes. Aquí tes o acceso ao formulario de inscrición.

Por que ofrecer cursos gratuítos?

Nos últimos tempos estamos asisitindo ao fenómeno de posta en marcha de cursos gratuítos de diversa índole. En moitos destes cursos é o mesmo alumnado quen se avalía entre si, noutros cursos todos os contidos funcionan simplemente a xeito de manual de consulta e coñecemento, etc.

Sexa como for, esta experiencia parecianos atractiva e interesante para conectar con persoas que manifestan interese nos nosos cursos pero non poden acceder a eles, ben porque moitos forman parte de plans de formación, de convenios con universidades e administracións, etc.

Por toda esta serie de razóns decidimos comezar este mesmo mes de novembro con esta nova experiencia. Porque levamos de serie a idea de esforzo e servizo á nosa comunidade de usuarios, por iso queremos probar con vós esta nova aposta.

Por que en Formación en rede?

Formación en rede é o espazo de formación e-learning de Tagen Ata, un espazo que bebe da experiencia de alumnado de moi diversos ámbitos que busca formación en TIC, Economía Social, Redacción ou Comunicación.

Sabemos que non formamos parte dese gran fenómeno das prestixiosas universidades estadounidenses que tamén poñen a disposición algúns dos seus contidos online. Mais nós temos outra experiencia, a experiencia de formar en cooperativas, en economía social, en lingua e redacción…

E sabemos que o que podemos achegar é algo único e útil que só podería nacer desta marabillosa experiencia que temos a sorte de posuír. Por iso convidámosvos a coñecernos e a formarvos con nós.

17 November, 2014

0 Respuestas en Curso gratuíto de LOPD"