Formación en rede

Que cambia co novo Regulamento Europeo en Protección de Datos, RGPD

Xa vai chegando o día 25 maio do 2018. E, que pasa ese día?

Todas as empresas que manexen datos de carácter persoal (clientes, provedores, usuarios, etc.), deberán cumprir o indicado polo Regulamento Europeo de Protección de Datos.
Este Regulamento caracterízase por outorgar un maior poder aos interesados sobre o manexo dos seus datos de carácter persoal. De feito refórzanse dereitos xa existentes e aparecen novos dereitos como o dereito ao esquecemento, a portabilidade e o consentimento inequívoco para o tratamento dos datos persoais.

Ademais a nivel estatal contaremos cunha nova Lei que virá a concretar aspectos establecidos no RXPD con carácter máis xeral. Por tanto, estamos ante un escenario novo en materia de protección de datos de carácter persoal ao que se terán que adaptar as entidades (organizacións e empresas) que manexan este tipo de datos.

Entón que podemos facer a partir do 25 de maio? Pois teremos que adaptar as nosas políticas de protección de datos dentro da empresa ao establecido no novo Regulamento Europeo. Adaptarnos o antes posible e tentar colaborar coa Axencia Española de Protección de datos xa que temos que cumprir o novo Regulamento e garantir así os dereitos e liberdades da cidadanía nos nosos tratamentos.
Ademais temos que ter en conta os cambios en materia de sancións económicas do novo Regulamento que aumentaron a súa contía e ás que teremos que enfrontarnos en caso de non encamiñar a nosa adaptación ao novo marco potestade sancionadora.

O consello, formarse para coñecer que cambia e cal é o mellor camiño para adaptarnos. E xa que estamos nese labor, aproveitar o saldo de formación bonificada que ten a vosa empresa. No noso blogue terás información sobre formación bonificada para as empresas.

Agardo ter aclarado algo sobre o tema da protección de datos. A nosa recomendación, prepararnos para o cambio por medio da formación!

Quero solicitar máis información

0 Respuestas en Que cambia co novo Regulamento Europeo en Protección de Datos, RGPD"