Formación en rede

Desde Formación en rede abrimos a matrícula para os 6 cursos máis solicitados polo noso alumnado nos últimos meses

Os seguintes cursos online estarán abertos ata cubrir prazas debido ao interese que teñen despertado entre o noso alumnado habitual. Estes cursos son: Prevención de Riscos TIC (Gratuíto), Docentes e-learning, Emprendemento Cooperativo, Gestión de Cooperativas, Contabilidad para Cooperativas e Iniciación á Cooperativa de Traballo.

Prevención de Riscos TIC é un dos nosos cursos gratuítos que maior interese desperta entre o noso público polo novo traballo habitual con ordenadores de case todas as persoas profesionais, e é por iso que volvemos abrir a inscrición ata límite de prazas.

Matricúlate en Prevención de Riscos TIC

Tamén destaca Docentes e-learning, como un dos cursos de maior demanda polas novas esixencias actuais de posta ao día como docentes na Internet. O interese que desperta este curso demostra a forte motivación de moitas persoas por actualizar os seus coñecementos de cara ao mercado profesional actual.

Matricúlate en Docentes e-learning

Tamén continúa aberta a inscrición nos Cursos de cooperativismo online nos que participa con nós a Escola de Relacións Laborais da UDC. Estes cursos tamén gozan dunha grande actualidade ao explicarnos o Emprendemento, a Xestión ou mesmo a Contabilidade desde a perspectiva da Economía Social. Nun tempo no que as persoas buscan profesionalizarse na cultura empresarial horizontal, de equipo e multidisciplinar.

No lote de Cursos Online de Cooperativismo podemos elixir entre:

Emprendemento Cooperativo, para aprender a crear negocios desde a fórmula cooperativa.

Matricúlate en Emprendemento Cooperativo

Xestión de Cooperativas, que vos permitirá enfrontarvos á xestión nunha cooperativa.

Matricúlate en Xestión de Cooperativas
Contabilidade para Cooperativas, para mellorar os coñecementos contables nunha perspectiva cooperativa e de equipo.

Matricúlate en Contabilidade para Cooperativas
Iniciación á Cooperativa de Traballo, para coñecer a fórmula cooperativa máis usada nos últimos tempos por diferentes profesionais que unen o seu saber facer de equipo. Matricúlate en Iniciación á Cooperativa de Traballo

As inscricións estarán abertas ata límite de prazas!

8 Abril, 2016

2 Respuestas en Desde Formación en rede abrimos a matrícula para os 6 cursos máis solicitados polo noso alumnado nos últimos meses"

  1. Andres Buceta Alonso di:

    Quisiera hacer el curso gestión de cooperativas.
    Contabilidad para cooperativas.