Formación en rede

Tagen Ata implanta a UNE 66181

Porque non todas as empresas de teleformación somos iguais…

Formación en rede, o espazo formativo de Tagen Ata posúe a certificación de calidade do seu bo facer na formación a través de Internet. Falamos da UNE 66181 que pretende identificar as características que definen a formación virtual como as mellores para clientela, alumnado e todo tipo de persoas que forman parte deste universo formativo na Internet.

O mundo da formación en xeral está a vivir innumerables cambios, convulsións e novidades. No actual contexto aínda non visualizamos exactamente como será a formación en Internet que mira ao futuro. Mais o que si temos claro é que o fenómeno educativo en Internet chega para quedarse e Tagen Ata quere estar preparada para un apaixonante tempo de aprendizaxe.

En Tagen Ata procuramos mellorar os procesos de formación, creando contidos e espazos de formación na rede sinxelos e pedagóxicos. É por iso, que ademais de traballar para ofrecer os mellores contidos e tecnoloxías, implantamos en formacionenrede.com unha teleformación útil, sinxela e adaptada ao certificado da calidade da formación virtual UNE 66181.

24 Maio, 2016

0 Respuestas en Tagen Ata implanta a UNE 66181"