Formación en rede - en liña, online

Tagen Ata organiza coa Mancomunidade de Ferrolterra na Cooperativa do Val Cooperamos II

No ano 2014 arrancara Cooperamos, unhas Xornadas de Boas Prácticas Cooperativas, que naceran para dar a coñecer o mundo do Cooperativismo máis próximo ao público xeral. Neste 2016, tras un ano no que non foi posible continuar coa iniciativa, volvemos con Cooperamos II. Nesta ocasión os novos modos de financiar os nosos proxectos será un dos temas protagonistas, entre outros.

Falaremos de crowfunding, finanzas éticas, produtos quilómetro cero, innovación, intercoperación e novas culturas financeiras en xeral. Para isto contaremos con diferentes mesas redondas nas que coñeceremos experiencias moi interesantes da man das persoas que as crearon. Unha cooperativa de cine, outra de xeados, de lúpulo, de pilates, de grelos deshidaratados, de pementos e tomates con denominación de orixe, como o pemento do couto e o tomate negro de Santiago, etc.

Tamén contaremos coa inestimable participación da Corporación Mondragón, que como primeiro grupo cooperativo do mundo, virá achegarnos as súas reflexións a través da súa Universidade e do Instituto de estudos cooperativos Lanki-MU. Para que así poidamos aprender dos modelos de referencia para aplicar nos nosos tempos e no noso contorno. Todo un privilexio da man de Mirene Zufiaurre Astigarraga, da Universidade de Mondragón.

Así mesmo, coñeceremos a iniciativa Coop 57 Galiza, unha cooperativa que está na raíz do financiamento que fai posible a emerxencia de moitas das cooperativas galegas que se van creando día a dia en Galiza.

 

Formulario de inscrición Díptico da Xornada
13 Setembro, 2016

0 Respuestas en Tagen Ata organiza coa Mancomunidade de Ferrolterra na Cooperativa do Val Cooperamos II"