Formación en rede - en liña, online

Tendencias e-learning 2016

É difícil achegar unha idea clara sobre as tendencias que nos reservará o e-learning no presente ano xa que moitas das liñas que se marcan forman parte de estratexias que xa existían anteriormente ou que responden simplemente ao sentido común operando nun novo medio.

Por exemplo, a famosa flipped classroom ou clase invertida que sería simplemente: os deberes no colexio e a teoría na casa, envólvese nunha metodoloxía que ten moito sentido no contexto actual. Nun medio no que as explicacións do profesorado poden estar condicionadas por novas explicacións ou conceptos en Internet é moito mellor que o alumnado lea, vexa vídeos e busque na casa e despois no espazo de aula practique sobre o aprendido.

Os novos retos que nos traen os novos medios e métodos de aprendizaxe son incribles, máis actuais e motivadores. O único risco que podería existir é que nos volvamos seguidistas e queiramos aplicar todo o novo sen criterio nin sentido. Se vedes algún dos artigos nos que se fala de blended, flipped classroom ou storylearning, case nos poderiamos estresar antes de chegar a aplicar os nosos coñecementos no camiño de ensinar.

Fronte a todo este universo o ideal é termos cautela e aplicar ao e-learning pouco a pouco o que imos aprendendo. Que non nos estrese o reto senón que nos motive. Porque a realidade dinos que o e-learning aínda non chegou a moitos centros de ensino e mesmo que os papis e mamis de Silicon Valey meten aos seus pequenos en colexios onde non hai ordenadores, supoñemos que porque queren que os seus fillos e fillas aprendan a pensar por eles mesmos e os verán sobreexpostos.

Se cadra todo poden ser febres un pouco esaxeradas das que sairán novos métodos e medios de aprendizaxe para mellorar de xeito global as nosas experiencias educativas.

Ligazóns de interese:

Flipped classroom

Aula invertida

12 tendencias globais

Tendencias

O colexio sen ordenadores onde estudan os nenos de Silicon Valey

 

 

2 Febreiro, 2016

0 Respuestas en Tendencias e-learning 2016"