Nun mundo globalizado e altamente cualificado, o control da nosa información é un eixo fundamental para manter a competitividade da nosa empresa. Por suposto nun mundo en constante evolución non podemos perder as oportunidades que nos ofrece a tecnoloxía. E moitas veces enfrontámonos á seguinte pregunta:
Como podería unha pequena empresa compartir información relevante entre os seus empregados e clientes? E o máis importante, é isto posible? Pois si, compartir a información da nosa empresa entre empregados e clientes é posible, e manter un control sobre ela tamén. Hoxe en día, nas nosas empresas dispoñemos de produtos únicos, cunha vantaxe competitiva espectacular. Por que non aproveitar as tecnoloxías para proporcionar valor engadido ao noso produto? Poder proporcionar un servizo en calquera parte do mundo ao instante é posible para calquera empresa sexa cal sexa o seu tamaño. Isto é outra vantaxe competitiva, situación á que sumamos os elevados custos de desprazamento e as dietas de estas persoas altamente cualificadas.
Un claro exemplo é a imposibilidade de poder dispoñer en todo momento e lugar dos mellores profesionais formadores e outro factor importante son os elevados custos de desprazamento e as dietas destas persoas altamente cualificadas. En Tagen Ata dispoñemos de tecnoloxías que permiten que unha empresa sexa cal sexa o seu tamaño poida informar, formar e capacitar a clientes, partners ou empregados desprazados de xeito constante. Esta tecnoloxía permite, entre outras cousas:
- Traballar mentres unha tecnoloxía está en desenvolvemento e proporcionar formación antes de que o produto estea finalizado ou antes de que o produto estea no lugar no que vaia ser instalado, aforrando tempo e custos.
- Realizar formación con simuladores xenéricos, tendo información específica e actualizada sobre outros produtos ou innovacións.
- Comunicación segura e control da información en todo momento por parte da empresa. Os encargados ou responsables poden comprobar se se tivo acceso a unha determinada información.
Queres saber máis?
Ponte en contacto connosco, informarémoste sen compromiso das posibilidades que a nosa experiencia pode achegar.
Nun mundo globalizado e altamente cualificado, o control da nosa información é un pilar fundamental para manter a competitividade da nosa empresa.
E podes confiar en Tagen Ata para que te axudemos a facer medrar o teu proxecto global sen límites.
0 Respuestas en Aproveitar as tecnoloxías: comunicar, securizar e protexer nas nosas empresas!"