Formación en rede

A nosa actividade

Ola a toda a nosa comunidade!

Presentamos un novo espazo formativo online para todas as persoas que estivestes, estades ou ides estar nos nosos cursos. Na web formacionenrede.com confluirá alumnado de Programas oficiais, de universidades, de asociacións da economía social, de diversos colectivos e tamén individuais.

Todo un abano de intereses ao redor dos contidos e das temáticas que compartimos para seguir aprendendo, que en definitiva é o que encaixa nestes tempos da aprendizaxe e-learning no medio Internet.

Na actualidade estamos impartindo:

Iniciación á Cooperativa de Traballo (ata o 6 de outubro)
Responsabilidade Social Empresarial (tamén ata o 6 de outubro)
Prevención de riscos laborais (ata o 13 de outubro)
Estes tres dentro do Programa estatal COCETA 2013

Tamén estamos impartindo o curso

As Sociedades Laborais: unha fórmula de autoemprego da economía social, un curso organizado por Aesgal que rematará o 20 de outubro.

E comezamos un curso de Linguaxe administrativa e xurídica o próximo luns día 6 de outubro na Universidade de Vigo.

 

 

1 Respuestas en A nosa actividade"

  1. carmen di:

    Acabo de terminar el curso LOPD , ley de protección de datos ,con vosotros de teleformación , y aunque este curso fue mas corto , me quedo igual de contenta que cuando hice el curso de riesgos laborales con ugacota , que estaba hecho por vosotros , los contenidos muy bien estructurados de manera que te permite asimilar bastantes conceptos , pero de un modo sencillo , muchisimas gracias por ser tan profesionales y espero poder hacer mas cursos con vosotros.