O colectivo de persoas autónomas viña demandando das Administracións públicas medidas concretas. Non podemos esquecer que en Galicia no inicio do ano había censadas 213.073 persoas, o cal é un activo relevante e representativo na actividade laboral do noso territorio. Sinalar que estas axudas non son de concorrencia competitiva polo que explicaremos a seguir os aspectos máis destacados de esta liña de axudas: bono autónomo 2018.
A quen vai dirixido?
1. Está pensada para persoas autónomas, en situación de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou que estean nunha Mutualidade de Colexio Profesional e con domicilio fiscal en Galicia.
2. Se cumpren co anterior e poden acreditar un período de actividade superior a 42 meses; un rendemento neto reducido inferior a 30.000€ e unha facturación mínima anual de 12.000 € no 2017, poderán optar a esta axuda.
Hai que ter coidado porque existen unha serie de casos nos que non poden optar a esta axuda:
1- os autónomos dependentes
2- os familiares colaboradores non dados de alta
3- os autónomos societarios.
A que axudas podemos optar?
Nas dúas liñas de axudas que se contemplan, pódese optar até a 3.000€ de todas as liñas solicitadas. As liñas de solicitude son:
a) Mellora da Competitividade a través dos servizos:
- investigación de mercados
- plan de marketing
- plan de comunicación negocio
- plan de crecemento
- de reorientación do negocio
- de uso das novas tecnoloxías
- de refinanciamento.
b) Mellora da Competitividade a través das seguintes inversións:
- compra de maquinaria
- compra de útiles e ferramentas
- reforma de local de negocios
- equipos informáticos
- rótulos
- aplicacións informáticas e páxinas web
- creación de logotipos de negocio
Compre sinalar que para a compra e renovación de equipos informáticos, soamente se subvencionará a aquelas persoas autónomas ou profesionais que estean de alta nos seguintes CNAEs: 62; 631; 69; 702; 71; 72; 741. Relacionados todos eles pola súa actividade coa liña de axudas II.
Tamén salientar que os investimentos deben ser contratados con provedores que se adiquen á actividade obxecto da subvención.
Un detalle de importancia, común a todas as subvencións, non son gastos subvencionables os impostos indirectos (artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño).
E para finalizar xa sabes, se tes algunha dúbida, algún proxecto que vexas que encaixe ou desexas que te asesoremos, consúltanos e achéganos os teus comentarios.
0 Respuestas en Bono autónomo en marcha!"