As Sociedades Laborais: unha fórmula de autoemprego da economía social
Profesores
As Sociedades Laborais: unha fórmula de autoemprego da economía social
A economía social é unha alternativa real aos modelos capitalistas clásicos. O auxe e importancia desta economía …
A economía social é unha alternativa real aos modelos capitalistas clásicos. O auxe e importancia desta economía é cada vez maior, e as Sociedades Laborais son unha das posibilidades que se abren dentro deste modelo económico, empresarial e social.
Trátase dunha fórmula con gran potencial para a creación e mantemento dun emprego estable e de calidade, e que permite a propiedade e control da empresa por parte das persoas traballadoras.
Este curso achega os contidos e coñecementos básicos para comprender o funcionamento das Sociedades Laborais.
30 h
- Introdución e fundamentos da economía social
- As Sociedades Laborais
- O marco xurídico das Sociedades Laborais
- Fiscalidade e Seguridade Social das Sociedades Laborais
- Creación de Sociedades Laborais
- Os recursos humanos na economía social
- Habilidades directivas para a cooperación e a comunicación en empresas de economía social
Opinións do curso
Non se encontraron opinións para este curso