Autoemprego e xestión de cooperativas
Os datos veñen confirmar que as cooperativas constitúen unha fórmula empresarial que resiste moito mellor en tempos …
Os datos veñen confirmar que as cooperativas constitúen unha fórmula empresarial que resiste moito mellor en tempos de crise. Para poder facer fronte aos retos do futuro e mellorar a eficiencia en contornos empresariais dinámicos e cada vez máis competitivos, é fundamental unha xestión eficaz que atenda ás diferentes dimensións do funcionamento dunha cooperativa. Polas súas especificidades, a xestión de cooperativas require uns contidos e un enfoque propios.
Cunha vocación práctica, este curso ofrece unha visión completa sobre os aspectos claves da xestión dunha cooperativa: a contabilidade, a fiscalidade, o financiamento e a seguridade social.
30 h
1. Xestión contable das cooperativas: conceptos básicos
2. Xestión contable das cooperativas: o Plan Xeral Contable
3. Fiscalidade e financiamento das cooperativas
4. A Seguridade Social nas cooperativas. Contratación, nóminas e seguros sociais
5. Tecnoloxías de xestión laboral e fiscal
Opinións do curso
Non se encontraron opinións para este curso