Profesores
Comprender a economía: Conceptos básicos
Para comprender mellor o funcionamento do mundo actual é importante adquirir algunhas nocións básicas do que é …
Para comprender mellor o funcionamento do mundo actual é importante adquirir algunhas nocións básicas do que é a economía e as problemáticas que trata. Analizar os fundamentos do enfoque económico, dominar os conceptos de escaseza, elección ou custo de oportunidade, comprender o concepto do diñeiro e o seu papel nos sistemas económicos… Son cuestións de gran relevancia para entender os comportamentos e decisións dos axentes participantes nunha economía.
Cun enfoque crítico, neste curso estudaremos e analizaremos o funcionamento básico dunha economía visto desde diferentes perspectivas.
30 h
1. Introdución á economía
2. Os diferentes sistemas económicos
3. A economía social
4. A visión microeconómica
5. Os axentes no mercado e a competencia
6. Os axentes económicos, os factores de produción e a retribución dos factores produtivos
7. Relacións sociais de produción e explotación da forza de traballo
8. A visión macroeconómica (I)
9. A visión macroeconómica (II)
10. A política fiscal
11. Os bancos, o diñeiro e a política monetaria
12. O mercado de traballo
13. Crecemento económico e medio ambiente
14. Mercado e desigualdade
Opinións do curso
Non se encontraron opinións para este curso