Profesores
Cultura financeira e finanzas éticas para o emprendemento
Todas as persoas tomamos decisións ao longo da nosa vida, desde a infancia ata a xubilación, que …
Todas as persoas tomamos decisións ao longo da nosa vida, desde a infancia ata a xubilación, que teñen que ver coa xestión do noso diñeiro: compras, investimentos, aforros, gastos, consumo, pago de recibos, solicitude de préstamos… Por esta razón é fundamental ter uns coñecementos básicos en cultura financeira. Para isto, é necesario que as persoas se familiaricen co funcionamento dunha economía moderna e co significado e funcións do diñeiro.
- O funcionamento da economía e o papel do diñeiro nunha economía moderna
- As decisións económicas de carácter persoal
- O prezo do diñeiro e o aforro
- Os produtos financeiros
- Economía produtiva e economía especulativa
- Conceptos sobre política económica: políticas monetaria e fiscal
- Finanzas para o emprendemento. Finanzas éticas ao servizo das persoas e da economía produtiva
- Experiencias de finanzas éticas e financiamento solidario en Galiza, no Estado e no mundo
- Emprender e innovar. A innovación na empresa cooperativa
Opinións do curso
Non se encontraron opinións para este curso