Profesores
Deseño e edición de imaxe e vídeo en software libre
Neste curso coñeceremos as diferentes aplicacións de tratamento de imaxe e edición de texto e vídeo en …
Neste curso coñeceremos as diferentes aplicacións de tratamento de imaxe e edición de texto e vídeo en software libre para mellorar as competencias dixitais á hora de enfrontarnos ao aspecto gráfico das nosas comunicacións.
Achegarémonos ás principais funcionalidades do GIMP como ferramenta de manipulación e creación de imaxes.
Coñeceremos as principais funcionalidades do programa de autoedición Scribus.
Aproximarémonos á aplicación de debuxo vectorial Inkscape.
E por último, aprenderemos a utilizar as ferramentas básicas que ofrece OpenShot para a edición de vídeo.
- Módulo 1. Retoque fotográfico ou de imaxes en software libre: O GIMP
- Módulo 2. As tarefas básicas no GIMP
- Módulo 3. As capas e o tratamento da luz e a cor no GIMP
- Módulo 4. Máis tarefas do GIMP e gardado da imaxe
- Módulo 5. Introdución aos programas de autoedición
- Módulo 6. Instalación de Scribus e contorna de traballo
- Módulo 7. Traballo con capas e formas en Scribus
- Módulo 8. Traballo con textos en Scribus
- Módulo 9. Traballar con imaxes e gardado de deseño en Scribus
- Módulo 10. Programas de debuxo vectorial: Inkscape
- Módulo 11. Manexo básico de obxectos en Inkscape
- Módulo 12. Introdución a OpenShot
- Módulo 13. O contorno do OpenShot
- Módulo 14. Traballar con OpenShot I
- Módulo 15. Traballar con OpenShot II
- Módulo 16. Compartir as nosas videocreacións
Opinións do curso
Non se encontraron opinións para este curso