Iniciación á Cooperativa de Traballo
As cooperativas de traballo asociado son un dos diferentes modelos de entidade que conforman o amplo mundo …
As cooperativas de traballo asociado son un dos diferentes modelos de entidade que conforman o amplo mundo da economía social.
Neste curso veremos cales son as características das cooperativas de traballo asociado e cuestións claves relativas ao seu funcionamento como os aspectos económicos, os órganos sociais e as persoas asociadas. Tamén analizaremos a importancia da participación nas cooperativas de traballo asociado e as posibilidades de intercooperación entre cooperativas.
- Os valores e os principios do cooperativismo
- Que son as cooperativas
- As cooperativas de traballo asociado
- Socios e socias. Aspectos clave
- Os órganos sociais
- Os conceptos clave do réxime económico
- A participación responsable
- A intercooperación
Opinións do curso
Non se encontraron opinións para este curso