Manipulador de alimentos
O manipulador de alimentos é unha figura de vital importancia en toda a cadea alimentaria; desde a …
O manipulador de alimentos é unha figura de vital importancia en toda a cadea alimentaria; desde a adquisición de materias primas, o seu transporte, a súa conservación, fabricación, transformación, elaboración, almacenamento, distribución e venda. Por isto, a primeira obriga dun bo manipulador é o recoñecemento da súa importancia na hixiene alimentaria e na posta no mercado de alimentos sans, saudables e nutritivos.
O manipulador de alimentos debe ser un especialista nos diferentes procesos da cadea alimentaria, polo que precisa axeitarse permanentemente ao progreso e evolución das técnicas relacionadas co seu campo a través dunha formación constante e avaliable.
15 h
- Manipuladores de alimentos
- Hixiene dos alimentos
- Tipos de perigos e problemas derivados da contaminación dos alimentos
- Bacterias
- Fungos e virus
- Intoxicacións e infeccións alimentarias
- Limpeza e desinfección
- Hixiene persoal, hixiene das instalacións, maquinaria e utensilios de traballo
- Disposición e almacenamento de lixos
- Control de pragas
- Introdución ao sistema de control APPCC
- Os alimentos e a súa manipulación
Opinións do curso
Non se encontraron opinións para este curso