Profesores
Escribir en Internet
Escribir en Internet (30 horas) Escribir documentos que serán expostos na web forma parte da rutina diaria …
Escribir en Internet (30 horas)
Escribir documentos que serán expostos na web forma parte da rutina diaria de miles de persoas. Mais para elaborar un texto destinado a ler en pantalla non serven as mesmas consignas de redacción que empregamos para un texto impreso. En Internet debemos captar a atención de xeito rápido, manter unha correcta distribución, corrección e claridade.
A comunicación escrita a través da rede é sen dúbida unha das comunicacións predominantes hoxe por hoxe. Mellorar a nosa capacidade de interpretación, redacción e comunicación pode ser moi útil para sacar o mellor partido ao medio dixital. A observación, o coidado da comunicación e a práctica serán os mellores aliados para aprender novas claves a través deste curso.
1. A redacción web
2. Unha web lexible
3. Construír unha pirámide invertida
4. Mellorar os nosos textos na web
5. Enlaces e escrita na web
6. Redacción web para buscadores
7. Recursos dixitais
Opinións do curso
Non se encontraron opinións para este curso