Hoxe máis que nunca a formación é cambiante; as innovación tecnolóxicas traen da man cambios significativos en como se realizan moitas tarefas do noso traballo. Quen imaxinaba hai uns anos a importancia que ían adquirir as comunicacións a través das redes? Correos, chats, mensaxarías, wasap… unha longa lista de canles para comunicarnos cunha maior axilidade tamén no ámbito do traballo.
A formación e-learning adáptase á perfección a estes tempos; aproveita moitas das vantaxes de todas estas canles de comunicación o que facilita o acceso á formación compatibilizándoa coas nosas axendas diarias, en moitos casos bastante comprimidas. Pero ademais a formación online cubre a necesidade constante de formarnos en novas temáticas, novos procesos… é dicir permítenos enfrontarnos con maior axilidade aos cambios continuos que se nos presentan no noso desenvolvemento profesional.
Será entón a formación online unha peza clave para formarnos no noso posto de traballo?Pois é moi probable e seguramente para algunhas persoas xa é imprescindible contar coa formación on line para poder continuar aprendendo e adaptándose aos cambios nos seus postos de traballo.
De todos os xeitos, como calquera aposta, o elearning ten que continuar evolucionando e respondendo ás diferentes necesidades e ámbitos de aplicación. E unha idea que garante a súa eficiencia vai ser a de apoiarse na calidade para converterse nunha potente opción na modernización e formación do mundo profesional.
0 Respuestas en Formación e-learning, clave na capacitación profesional"