Formación en rede

Formación na internet: as plataformas de teleformación

Que é unha plataforma de teleformación? En que se diferencia unha páxina web dunha plataforma de teleformación? Formación, contidos, aprendizaxe, asistencia, titorías: 24hs os 365 días do ano Reutilización e colaboración

Que é unha plataforma de teleformación?

Hoxe en día a formación no é so presencial. As tecnoloxías da información e da comunicación (TICs) permiten que as persoas que desexan formarse poidan facelo accedendo a cursos virtuais nos que se empregan páxinas web con funcionalidades especiais denominadas plataformas de teleformación, aulas virtuais, sitios web de formación en liña e outras denominacións similares.

En que se diferencia unha páxina web dunha plataforma de teleformación?

Na internet hai páxinas web de moitos tipos, pero podemos resumir en dous grandes tipos de páxinas web: as páxinas web estáticas e páxinas web dinámicas.

As páxinas estáticas son as páxinas que se deseñan e realizan dunha soa vez e teñen moi poucas actualizacións, mentres que as dinámicas empréganse para actualizar os seus contidos regularmente, coma por exemplo, os blogs.
Para facilitar a creación e xestión das páxinas dinámicas existen xestores de contidos que fan este traballo máis doado: WordPress, Typo3, Joomla, Drupal…

Ben, podemos pensar que para a creación de cursos podemos ter suficiente cun xestor de contidos, xa que na nosa plataforma imos ter contidos, ademais poderemos actualizalos!

Correcto, pero faltaríannos ferramentas para poder xestionar a aprendizaxe: crear e avaliar actividades, foros, wikis, mensaxería interna, chats, etc.

Polo tanto, cando falamos dunha plataforma de teleformación estamos a indicar que se trata dunha ferramenta web que ademais de permitirnos a xestión de contidos, permítenos avaliar a aprendizaxe das persoas usuarias. É dicir, unha plataforma de teleformación permite analizar, valorar e cuantificar o noso percorrido polos contidos, actividades e outros recursos que conforman un curso.

Para poder realizar estas tarefas necesarias cando realizamos tarefas formativas, podemos empregar os nosos xestores de contidos con algún engadido ou plugin ou directamente empregar plataformas xa pensadas para a formación en liña como son Moodle, Chamilo, Dokeos…

E é deste xeito cando podemos falar de que estamos a empregar unha plataforma de teleformación.

 

Formación, contidos, aprendizaxe, asistencia, titorías: 24hs os 365 días do ano

Ademais de avaliar, ter acceso a contidos e sistemas de mensaxería, unha das características máis importantes que permite unha plataforma na rede é que: se dispoñemos dun navegador web e unha conexión a internet podemos ter acceso á nosa formación. Dende calquera lugar do mundo e en calquera momento.

Realmente, as posibilidades que este medio ofrece están restrinxidas pola nosa imaxinación e ás limitacións que nos impón o propio acceso ás tecnoloxías.

Reutilización e colaboración

Outra das tendencias globais precisas para a nosa evolución e optimización de recursos é a reutilización de materiais. E non podemos falar das plataformas de teleformación sen falar do uso de formatos estándares. O uso de estándares facilita a reutilización de contidos e recursos en diferentes plataformas.

Algúns dos formatos estándares máis coñecidos empregados nas plataformas de teleformación son:
- Para os contidos: SCORM, IMS, XAPI.
- Para actividades: AIKEN.

Existen outros estándares máis globais que tamén podemos empregar nas plataformas de teleformación:
- Protocolos web para a comunicación entre diferentes bases de datos.
- Estándares web.
- Estándares audiovisuais.

En resumo, unha plataforma de teleformación é unha ferramenta web que permite rexistrar e xestionar a aprendizaxe das persoas usuarias e facilita a reutilización de recursos grazas ao uso de estándares. Pero sen lugar a dúbidas, unha das características máis destacadas dunha plataforma de teleformación é a posibilidade de ter acceso á formación en calquera lugar e momento.
Gustouche este artigo? Comparte e comenta!

0 Respuestas en Formación na internet: as plataformas de teleformación"

Deja un mensaje

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>