Formación en rede - en liña, online

Fuxir do tecnocentrismo na educación

Poden as TIC condicionar en sentido negativo o proceso de ensino aprendizaxe? Que é antes TIC ou Deseño Pedagóxico, ovo ou galiña. E poderiamos dicir máis, Contido, Pedagoxía ou TIC. Por cal comezar?

Presentámosvos un breve resumo do enfoque pedagóxico en relación coas TIC que presenta a especialista Judi Harris. O argumento central é que os procesos de aprendizaxe son actividades complexas que necesitan tres tipos de coñecemento: contido, pedagoxía e tecnoloxía.

Vídeo Judi Harris

http://education.wm.edu/ourfacultystaff/faculty/harris_j.php

O modelo de Judi fala de seleccionar obxectos de aprendizaxe que combinen estas tres perspectivas. A docencia precisa combinar os diferentes coñecementos para ensinar, pero para isto é necesario planificar, é dicir, practicar unha planificación didáctica en relación co contexto e a actividade.

O modelo quere demostrarnos que entre as competencias que ten que ter o profesorado non é suficiente con que saiban moito da súa materia ou materias, ademais debe saber de pedagoxía e de tecnoloxía.

As claves:

Tomar decisións pedagóxicas prácticas sobre a experiencia da aprendizaxe.

Elixir estratexias de avaliación que nos digan se realmente se está aprendendo.

Seleccionar as actividades para conformar a experiencia de aprender.

Escoller ferramentas e recursos.

Modelo de Judi Harris presentado por Jordi Adell

 

15 Xullo, 2015

0 Respuestas en Fuxir do tecnocentrismo na educación"