Formación en rede

Mellor xuntos

Este martes, 11 de outubro de 2016, a Televisión de Galicia estrou Mellor Xuntos, un programa sobre cooperativismo no que Tagen Ata tivo a sorte de participar na súa primeira entrega.

Hai case un ano chamáronnos para participar nesta interesante iniciativa de difusión do cooperativismo galego entre o público xeral. Pedíronnos se podiamos achegar a nosa experiencia a este universo cooperativo de noso que segue a ser un gran descoñecido.

E aí estamos, co noso proxecto www.formacionenrede.com que moitos e moitas de vós xa coñecedes. Intentando crear unha formación on line de calidade e adaptada aos nosos tempos. Achegando cursos en Internet á altura das necesidades da nosa clientela. E todo feito desde os valores cooperativos e da economía social. Dunha economía do compromiso co noso, dunha economía do aquí e de agora para seguirmos sendo nós.

Presentación do programa

Programa completo (Mellor Xuntos)

13 Outubro, 2016

0 Respuestas en Mellor xuntos"