O novo Regulamento de Protección de Datos xa é de obrigado cumprimento polo que se aínda temos dúbidas sobre como adaptarnos debemos clarificar as cuestións básicas e comezar a enfrontarnos con este proceso. Para isto, formarnos sobre os principais cambios é un requisito básico.
Pero ademais como ferramenta de axuda para que nos resulte máis sinxelo podemos empregar FACILITA RGPD, unha aplicación da Axencia Española de Protección de Datos.
Esta aplicación dispoñible en liña permite ás empresas que tratan datos de carácter persoal con escaso risco xerar a documentación necesaria que acompaña o proceso de adaptación e comprender mellor as esixencias no proceso.
En primeiro lugar, simplemente é necesario cubrir os datos que se solicitan na aplicación para comprobar o tipo de datos que tratamos e se efectivamente implican un escaso risco.
Se cumprimos este requisito imos ir engadindo información necesaria na aplicación. Unha vez cubertos todos os datos que se solicitan, aparécenos unha lista con todas as accións que temos implantar na nosa empresa xunto con documentos necesarios para levar a cabo estas accións.
Como vedes, apoiarnos no uso desta aplicación pode simplificar moito as tarefas que temos que levar a cabo para adaptarnos ao novo Regulamento de Protección de Datos!
0 Respuestas en Como adapto o meu negocio ao novo Regulamento de Protección de Datos?"